Distrito activo blog


Invitados a las conferencias
8 abril, 2008, 5:36 pm
Filed under: conferencias

Xoves 10 Abril // LSO Atocha Alta nº 14 Monte Alto // 19h 00

Olaia Sendón

Documentalista e profesora na escola de Imaxe e Son da Coruña. A súa obra audiovisual ten unha grande área de interese na memoria da Costa da Morte. Fundou a produtora Ollo Birollo en 2007 para canalizar as súas producións. É filla de Manuel Sendón, o coñecido estudoso da fotografía galega contemporánea, quen ademais ten colaborado nos proxectos de Olaia.

Ergosfera

A Cultura Preo(k)upa

http://aculturapreokupa.blogaliza.org/

Venres 11 Abril // Centro Cívico Monte Alto // 18h 30

Carmen Lamela

Carmen Lamela Viera é Antropóloga por The American University (Wash., D.C, 1984) e Licenciada (1989) e Doutora (1993) en Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid.A súa especialidade é a Socioloxía Urbana, materia que imparte na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña desde 1994. Actualmente é unha das directoras do traballo sobre o Barrio das Flores encargado polo Concello de A Coruña á Facultade de Socioloxía e á Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC.Entre as súas publicacións máis recentes ou relevantes pódese consultar a etnografía sobre a cidade de Lugo, La cultura de lo cotidiano (Madrid, Akal, 1998), o capítulo sobre “La inmigración internacional en Galicia” en Integraciones Diferenciadas (Barcelona, Anthropos, 2005), ou o artigo sobre a adaptación das cidades ás necesidades de familias con nenos (“Vivir sin niños o vivir para los niños”, en Zainak 24, 2003).

Antón Lezcano González

Deseñador e creativo publicitario Compaxina a súa actividade profesional no seu estudio de deseño cunha actividade docente na carreira de Publicidade no Centro Español de Novas Profesións da Coruña. A isto engade unha dilatada carreira xornalística en medios como Cuac FM 103, TVG, Televisión Española, Antena 3 Televisión, Radiovoz e, actualmente, Cadena Ser, onde dirixe o espazo radiofónico Zapping, con máis de 800 programas xa emitidos.
É ademais propietario da marca “Nicetrip”, onde dá saída a moitos dos seus deseños, incluíndo a coñecida bandeira galega coa vaca, da que foi creador.

Xoves 17 Abril // Escola de Arquitectura Zapateira // 19h 00

Santiago Cirugeda

Santiago Cirugeda naceu en Sevilla en 1971. Estudou arquitectura na ETSA de Sevilla e terminou a carreira en Barcelona. Toda a súa obra está enfocada ao servizo dos cidadáns anónimos e se afasta de intereses especulativos. Entende a arquitectura como unha ferramenta de axitación e é defensor do pobo inmobiliario. É un fiel coñecedor das normas de urbanismo e desafía ás autoridades sempre que pode con estratexias que poñen en evidencia o sistema.

En www.recetasurbanas.net mostra os seus proxectos coa intención de que podan ser utilizados por calquera cidadán.

ASF

Venres 18 Abril // Escola de Artes Pablo Picasso Monte Alto // 18h 30

Juan Freire

Juan Freire é Doutor en Bioloxía e Profesor Titular da Universidade de A Coruña. Dirixe o grupo de investigación en Recursos Mariños e Pesqueiras que desenrola numerosos proxectos de I+D. Juan é un poñente habitual en actividades relacionadas coa formación do profesorado, especialmente en actividades nas que se aborda o cambio necesario nas formas de facer na universidade, para “adaptarse” ao denominado Espazo Europeo de Educación Superior.
As súas ideas e propostas, sempre innovadoras, incisivas e creativas, vense reflexadas: na súa práctica docente, no planteamento das súas propostas de negocio e na reflexión e discusión feita blog. O blog de Juan Freire, é dos máis produtivos da blogosfera, tanto pola súa frecuencia de publicación como pola abundancia e riqueza da información compartida con tódolos seus lectores.

Ignacio Pérez-Jofre

Profesor Titular na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Doutor pola Universidade de Vigo e Licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid.
Coa súa performance “Discurso sobre o aburrimento no arte contemporáneo” participou no MARCO de Vigo no 2005, e en IMAN Festival de Arte Multimedia, en Vilanova de Famalicao, Portugal. “Corte de pelo e outras accións” foi unha acción desenrolada na Galería Bacelos de Vigo, xunto a Diego Santomé.
Desde finais da década dos 80 o seu traballo viuse en numerosas exposicións colectivas, así como en individuais no Museo da Universidade de Alicante, na Galería Ad Hoc, na Galería Trinta, na Knights Park Gallery de Londres, e no Palacio de Congresos e exposicións de Madrid, entre outras.


1 comentario so far
Deja un comentario

[…] Invitados a las conferencias […]

Pingback por Conferencias 17-18 Abril « Distrito activo blog




Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s



A %d blogueros les gusta esto: